Tuesday 19 de March de 2024

O concello concorre á convocatoria da Xunta para dotar ás bibliotecas con novidades editoriais en galego


Tamén se presentarán propostas para acollerse ás axudas da Deputación para a contratación de persoal técnico.

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse que o Concello concorra á convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión e para dotalas con novidades editoriais en galego.

Ademais, proponse cofinanciar con diferentes liñas de subvencións da Deputación a incorporación de técnicos especializados para o servizo municipal de deportes e a atención do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Salientar, por último, a concesión da licencia urbanística para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de A Lamela da parroquia de Vilaño.